|
|
|
|
RAZA VIANESA
A raza vianesa é unha raza orixinaria de Galicia, concretamente da zona de Viana do Bolo en Ourense, lugar que dá nome á raza. Esta raza englóbase dentro das denominadas morenas do noroeste, denominación que engloba ás outras razas galegas; cachena, caldelá, frieiresa, limiá e vianesa.
Antigamente a raza vianesa utilizabase para traballar, producir carne e leite. Coa chegada da mecanización a vianesa deixou de ser empregada para o traballo, así mesmo coa aparición de outras razas mais especializadas na producción de carne, en moitos casos a raza cruzouse indiscriminadamente con outras razas ata case desaparecer.

A raza vianesa é unha raza de montaña, é nela onde atopa o seu máximo esplendor. A raza vianesa produce un xato destetado dunha grandisima calidade.
Actualmente a raza vianesa está catalogada no catálogo oficial de razas españolas como en perigo de extinción, estando seriamente ameazada polo risco da desaparición.
Dentro das cualidades da raza vianesa como raza rústica que é destacan a facilidade de partos e a adaptación a situacións climatolóxicas adversas. Pódese decir que é a raza ideal para explotar en condicións extensivas nos montes galegos.
bravenet.com