|
|
|
|
RAZA ASTURIANA DOS VALES.
A raza asturiana dos vales é unha raza vacuna orixinaria de Asturias e ocupa os vales de dita comunidade, por iso o nome da raza. Antiguamente era unha raza de triple aptitude; traballo, carne e leite. Na actualidade como moitas outras razas autóctonas españolas queda relegada unicamente á producción de carne. A raza pertence ao tronco cántabro, animais de capa non rubia propios da cornisa cantábrica (pertencen a dito tronco a asturiana dos vales, a da montaña, a raza tudanca, as morenas do noroeste etc,...).

A raza asturiana dos vales ten unha boa capacidade maternal o que fai que os xatos teñan un bó ritmo de crecemento.
A finais dos anos 70 principios dos 80 a raza estaba moi minguada debido a absorción por outras razas, fundamentalmente á raza frisona, (esta raza está especializada na producción de leite). Na actualidade está completamente fora de perigo sendo unha raza de fomento, o cal quere decir que non se atopa en perigo de extinción, ó contrario do que ocurre coa raza vianesa .
Existe na raza asturiana dos vales dous tipos, a variedade normal e a variedade musculosa, mais coñecida como culona.
A cularidade é unha propiedade xenética que se traduce nun maior desenrolo da capacidade muscular dos animais coñecese tamén co nome de doble grupa.

A boa capacidade maternal é fundamental na cría ao aire libre. As vacas é preciso que sexan boas nodrizas para que os becerros dende o primeiro momento poidan mamar, a importancia de tomar o leite dende o momento do nacemento dos tenreiros é esencial para permitir a sua supervivencia.
Ó vivir os animais en semiliberdade, a rusticidade dos animais é a chave para garantir un modo de vida adecuado para eles, tendo en conta as duras condicións sobre todo no inverno que impón a montaña.
bravenet.com