|
|
|
|
A GANDERÍA
A ganderia casoa adicase a producción de carne de vacún de calidade. Ubicada no concello de Cervantes (Lugo), en pleno corazón da serra dos Ancares lucenses, a gandería consta de duas unidades de producción ben definidas. A primeira delas está composta por un rebaño de femias de raza asturiana dos valles e o segundo por un rebaño de femias de raza vianesa.




AS FOTOS DA PARTE SUPERIOR AMOSAN DIFERENTES PARTES DA GANDERIA.
Os animais pasan fora todo o ano. A alimentación é completamente natural poderíamos decir que tipica da zona de montaña na que nos atopamos, debemos ter presente que a altitude media é de 950m, esto unido ao ambiente completamente natural da serra dos Ancares fai que as vacas e os xatos consuman uns pastos 100% naturais.
Os xatos conviven coas nais dende o nacemento ata o sacrificio en completa liberdade, mamando e pastando cando lles apetece.
A idade de sacrificio dos xatos está comprendida entre os 8 e os 9 meses de idade, cun peso en canal que varía dos 120Kg a os 200 Kg.


Duas estampas ben diferentes, na primeira foto un xato xa nado duns dias corretea entre o gando, na segunda un xato recen nado descansa entre as herbas agardando por súa nai.
Tendo en conta que os invernos son secos e moi fríos, a escaseza de pasto neste período é unha realidade, para iso, hai que suplementar ós animais para que poidan afrontar este duro período. Normalmente dáselles ensilado feito na propia explotación e palla de cebada, asi mesmo suplementase con mezcla de cereais completamente natural,( millo, centeo, avea,etc...).


O inverno é un período duro no cal os animais teñen que estar adaptados a vida ao aire libre, é necesario dispor de razas adaptadas ao clima de alta montaña.
Os xatos unha vez destetados e listos para comercializarse vendense por duas vias: Ben mediante cooperativa é, mediante venda directa ao consumidor. Neste último caso o cliente entraría en contacto con nós mediante o correo electrónico , no cal podería preguntar ou facer calquera consulta, tamén pode chamar ao telefono 669920737. Os animais vendense enteiros, quere decir que se vende a canle completa, o xato vai a matadoiro homologado en donde seguindo os procesos de sacrificio e despezado segundo as normativas vixentes, despois sería entregado ao consumidor no seu fogar nun vehiculo autorizado e acondicionado para o transporte da carne.
bravenet.com